Un clic, e a imaxe é xá historia. A foto dunha viaxe, realizada hai tempo, é un arquivo da memoria, un retrotraérmonos a épocas pretéritas e espazos que xá non son coma foron. Torna nunha viaxe no tempo. Desta volta damos un pinchacarneiro á Grecia do 1992… cáseque trinta anos ha. Moito chovéu (ben, polo …
No transcurso dunha viaxe en moto polas rías galegas, que fixen aló polo remoto 1979, coñecín a Manfred Gnäedinger, Man, o alemán de Camelle. Tiven a boa sorte de ingresar na reducida confraría dos “visitantes” cos que partillaba o seu lar, o pequecho e curioso cabanucho a pé do mar da Costa da Morte. Abraioume …
Hai dezaoito anos, por estas datas, “os hilillos” do PRESTIGE, un megapetroleiro máis na longa lista dos naufragados na costa galega, agasallaba co seu refugallo ao mar e ás nosas vizosas costas. Unha vez máis home a destruir a natureza que o sustenta, sen deprender nunca, teimando en seguir a ser “o idiota espabilado” dentre …
Imaxes roubadas de xentes a comunicarse a distancia, envisas na súa urxencia, alleas ao olláparo que axexa.
Arnela, acobillada no cantil da maina ría, onde medra a woodwardia antiga e o mar labra na pedra, lambe manso na area e danza, a compás de nordés, co arboredo enfeitizado.