Xente miúda 1

Rebule a primavera no xardín, na horta, na camposa, no arboredo. Van uns retratos dalgúns dos nosos montaraces viciños, son a xente miúda, esa que vive ao seu, no seu diminuto mundo paralelo. Un microcosmo que só percebemos cando paramos a contemplalo e, daquela, abráianos coa súa variedade e beleza.

Viaxes no Tempo: Grecia

Un clic, e a imaxe é xá historia. A foto dunha viaxe, realizada hai tempo, é un arquivo da memoria, un retrotraérmonos a épocas pretéritas e espazos que xá non son coma foron. Torna nunha viaxe no tempo. Desta volta damos un pinchacarneiro á Grecia do 1992… cáseque trinta anos ha. Moito chovéu (ben, polo …

O Museo de Camelle 1

No transcurso dunha viaxe en moto polas rías galegas, que fixen aló polo remoto 1979, coñecín a Manfred Gnäedinger, Man, o alemán de Camelle. Tiven a boa sorte de ingresar na reducida confraría dos “visitantes” cos que partillaba o seu lar, o pequecho e curioso cabanucho a pé do mar da Costa da Morte. Abraioume …

Arnela: Mar, pedra e area.

Arnela, acobillada no cantil onde medra a woodwardia antiga e o mar, a compás de nordés, labra na pedra, lambe manso na area e danza co arboredo enfeitizado que asoma á maina ría.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies