A XANELA DA ALMA

Asi chámanlles. Non sei, si da alma, pero si son unha xanela, unha xanela pola cal contamos historias, expresamos sentimentos. Para min non hai nada máis fácil para transmitir que un retrato, a través del, podo ver forza, tristeza, alegría…como  se ama, ,como se chora, como se vive… Unha mirada…. : Un retrato.

MOLLADURAS ( DESCARTES )

O pasado mes de setembro o meu amigo Gerardo e mais eu fixemos unha exposición no Atelier de Fotografia. A materia: molladuras. Foron moitas as fotos recollidas durante un ano, e moitas foron as que, por razóns obvias, quedaron fóra da exposición. Aquí tedes un exemplo dalgúns descartes:

Ausencias

AUSENCIAS (5) Unha ausencia é un baleiro. Espazo, onde antes había vida. Sinais, lugares, sensacións, sempre presentes. Tamén silencios. Segue chovendo.  

NO TRANSPORTE PUBLICO É OBRIGATORIO O USO DE MARCARILLA

Seguramente, cando vexamos estas fotos dentro de vinte anos, sorprenderanos o aspecto dos viaxeiros, todos coa máscara. Aos fotógrafos de rúa cústanos moito facer fotografía nestes momentos, porque a falta de visibilidade do rostro dificúltanos enormemente o labor, sobre todo se buscamos unha fotografía humanista, que nos conte cousas do ser humano, das súas emocións, …

SOÑOS EN BRANCO

  Gústame soñar en branco. Gústame imaxinar con luz, porque canto máis claro é o soño, mais achégase á esperanza

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies