Daquela….

Daquela, non había fronteiras. Daquela, viaxabamos, respirabamos, e viamos o pasado e o presente das nosas cidades. Daquela… Mentres soñamos cun tempo que volveremos ter, aí, á volta, pequenos retallos de verde e turismo.  

Esquecemento

De cando en vez o noso pasado volve a nós. Percorremos entón os camiños do esquecemento e atopamos todo aquilo que nunca quixemos deixar atrás. Mais aí quedou. Aí quedará.

Xardíns da Maestranza

O paso de década dos 80 aos 90 trouxo consigo moitos cambios na cidade. Para os habitantes da Cidade Vella supuxo a apertura da cidade definitivamente ao mar. No que até aquel momento viña sendo un cuartel de artillería que facía á veciñanza espertar coas probas das ametralladoras, un día o son cambiou, e a …

Kilmainham Gaol

Unha visita a Dublín, non é o mesmo sen pasar por Kilmainham Gaol onde se pode facer un percorrido pola súa historia recente. O cárcere, aínda que inaugurado en 1796, cobrou especial protagonismo antes e pouco despois dos primeiros levantamentos na loita pola independencia e a fundación da República de Irlanda. Visitar as súas celdas …

Barcelona, unha visión particular

Barcelona é unha cidade á que ben paga a pena adicar tempo. Esta aventura fotográfica foi, sen embargo, tan só nun par de días, pero  deu de coller esa idea dun lugar que agocha, e exhibe á vez, ese pasado romano, rúas estreitas polas que se perder e atopar en cada recanto un novo misterio, …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies