Barcelona, unha visión particular

Barcelona é unha cidade á que ben paga a pena adicar tempo. Esta aventura fotográfica foi, sen embargo, tan só nun par de días, pero  deu de coller esa idea dun lugar que agocha, e exhibe á vez, ese pasado romano, rúas estreitas polas que se perder e atopar en cada recanto un novo misterio, e, sobre todo, un espazo aproveitado que non afoga. Dentro do espazo da comunicación, sorprende a recuperación do tranvía para conectar barrios periféricos co centro sen estragar a paisaxe, coas vías convertidas nun xardín. Contrariamente a outras cidades, aquí o mar está ben visible con ese porto aberto polo que pasear. Toda unha experiencia.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies