Fotos Manolo Graña e poema de Marta Dacosta

  A PRINCESA NA TORRE I Sempre hai unha princesa, un dragón e unha torre, e un cabaleiro que a vén rescatar. Sempre o conto é o mesmo. Pero xamais nos explican a que tanta insistencia, o nome do dragón, o lugar da torre. Nunca nos descobren que o cabaleiro non vén, que non existe, …

Fotos Manolo Graña e Poema de Uxío Novoneyra

Cousos do lobo Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos soios, onde ninguén foi nin ha dir!—O lobo! Os ollos, o lombo do lobo!…Baixa o lobo polo ollo do bosco coma un sono… movendo nas flairas dos teixos ruxindo nas follas dos carreiros en busca de vagoada máis soia e máis medosa…Rastrexa… rastrexa… párase e …

Foto e Poema de Xosé María Álvarez Cáccamo

POLA noite Culpa de viño negro nas botellas abertas e beber e beber e cada instante noite era lama era manta era pel de cartílago era molusco húmido que cegaba golpeando. (fragmento) Xosé María Álvarez Cáccamo (Os ademas da ira, Espiral Maior, 1999)

Foto e Poema de Ricardo Seixo

A avaricia e a ruindade humanas van facendo sucos de lume e miseria ao meu arredor. Só respiro po de morte e podo pintar de cor sangue as poucas paredes que fican en pé. Xa chorei mil afectos perdidos e non teño bágoas nin folgos para pór luz á noite. (fragmento) Ricardo Seixo,  (Versos noctámbulos, …

Foto e Poema de Manuel María

O combate final Ando a pedirlle á vida; luz, beleza, delicadeza xentil, unha canción, a virxinal tempestade da paixón, o dereito á dignidade e á enteireza. Pídolle, amiga, que a flor do corazón se peche sempre ao odio e á vileza e que se abra ao amor, á sinxeleza, ao latexar sinceiro da emoción. (Fragmento) …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies