Espazos da memoria, Monumento no alto da Cruz da Maceira

Un monólito levantado no alto da Cruz dá Maceira, situado na carreteira de Pontevedra a Moaña, practicamente equidistante dos cascos urbanos dos cinco concellos da comarca do Morrazo,  homenaxea ás persoas que foron fusiladas, neste lugar, pola ditadura franquista durante o ano 1936, por ser republicanos ou simplemente sospeitosos de non aceptar as imposicións do …

Espazos da memoria, monumento a Johan Carballeira, Bueu

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido por Johán Carballeira, nacido en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego, asentado en Bueu. Monumento a Johán Carballeira, pseudónimo de José Gómez de la Cueva, poeta, xornalista e alcalde de …

Espazos da Memoria, Pedre, Cerdedo, Pontevedra

No lugar de Pedre, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, e á veira da cuneta atópase un monumento que recorda o fusilamento de Secundino Bugallo e Francisco Arca, asasinados, coma tantos, por defender a liberdade ea dignidade. Cerdedo, Galicia, 36121, España 42.51973, -8.443643 Cerdedo, Galicia, 36121, España http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.51973,-8.443643 Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6 Só os mortos viventes …

Espazos da memoria, Campo da memoria, Seara, Poio

O Monumento á Memoria “ Campo da Memoria”, Situado na Seara, Poio, é unha homenaxe ás persoas que sufriron o exilio político e a emigración. Este monumento deseñado por Adolfo Pérez Esquivel, Premio Novel da Paz, atópase no concello de Poio, onde naceu o seu pai. Foi construído pola Escola de Canteiros/as de Poio, nel …

Espazos da memoria, A Capirota, Marín

A Capirota Marín Carme Domínguez Pesqueira, Coñecida por A Capirota, nai solteira de 29anos, que se enfrontou a un grupo de falanxistas cando estaban a bater a un home na rúa, en agosto de 36. Esa noite secuestrárona e levárona ao Pozo da Revolta, no lugar de Bagui, na parroquia de Mogor, onde foi violada, …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies