No turismo todo cabe

Cando revisitamos o pasado e volvemos sobre os pasos que non puidemos dar, ou que demos e non chegamos a completar… os camiños lévanos ás veces a lugares que xamais pensariamos ver. Levadas da improvisación, rematamos na tradición, mesturamos o turismo e o resultado é unha visita á fábrica de cervexa por excelencia de Dublín. …

ENREDANDO

Ás veces a mente enreda e os pensamentos do pasado quedan prendidos neses aparellos que un día tiramos ao mar… tamén neses que un día, sen querer, acabaron caídos nas augas. Dese mar de incertidumes que mesturan as lembranzas claras e nítidas con outras oscuras e confusas, xorde a nosa memoria fresca e clara daquilo …

De animais…

Vémolos no campo, protestamos polo ruido que fan na cidade, levámolos a casa porque non podemos vivir sen eles… pero o que é certo é que están aí, ao noso redor, coa tenrura que comunican, coa dozura do seu ser e non podemos evitar que nos conmovan en certos momentos, que sexa a especie que …

Cruces que conmemoran

Polos camiños destas terras, e non só destas, atopamos encrucilladas varias. Eses cruces de camiños nos que nos detemos a pensar por onde coller para continuar. É esa mesma imaxe a que temos en mente nestas datas cando lembramos aos nosos ancestros, aos que tamén indicamos cunha cruz. Non falamos só daquela de cruces cristiás, …

Fragas que agochan segredos

Os camiños das Fragas do Eume conducen á historia agochada do noso pasado máis recente. Seguindo o curso do río, e dos pequenos regatos que acaban nel, pódense atopar lugares nos que se as árbores falasen, darían fe do acontecido e teriamos algo máis que vagas ideas que se confunden e mesturan. Foi nesta zona …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies