Xentes en pedra, xentes en metal

Temos certa tendencia a querer replicar a imaxe humana, a imaxe animal, calquera imaxe… e tiramos do material do momento, sexa pedra, metal… ou mesmo barro. Esas imaxes xa se converteron en compañeiras na cidade, aquelas coas que sentamos a “conversar” nun banco, aquelas que son referentes do punto de encontro. Desde o seu lugar, …

Sobrado dos Monxes (mosteiro e lagoa)

Visitar Sobrado dos Monxes é unha volta ao pasado, unha visita obrigada no Camiño de Santiago e a visión de como a natureza se vai abrindo paso no abandono e recupera o que un día xa fora o seu espazo. Aínda no seu deterioro, o mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado dos Monxes, é …

E nisto que a vida seguía….

E un día… un día pisamos a rúa novamente, e ao camiñar por aqueles sendeiros, longamente esquecidos, puidemos comprobar que a vida seguira sen nós. As árbores enchéranse de follas, os ríos fluían, medrara a maleza… mais tamén a natureza máis fermosa. A vida seguía. A vida seguira e seguira sen nós. Recuperamos a liberdade, …

Daquela….

Daquela, non había fronteiras. Daquela, viaxabamos, respirabamos, e viamos o pasado e o presente das nosas cidades. Daquela… Mentres soñamos cun tempo que volveremos ter, aí, á volta, pequenos retallos de verde e turismo.  

Esquecemento

De cando en vez o noso pasado volve a nós. Percorremos entón os camiños do esquecemento e atopamos todo aquilo que nunca quixemos deixar atrás. Mais aí quedou. Aí quedará.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies