Daquela….

Daquela, non había fronteiras. Daquela, viaxabamos, respirabamos, e viamos o pasado e o presente das nosas cidades. Daquela… Mentres soñamos cun tempo que volveremos ter, aí, á volta, pequenos retallos de verde e turismo.  

Esquecemento

De cando en vez o noso pasado volve a nós. Percorremos entón os camiños do esquecemento e atopamos todo aquilo que nunca quixemos deixar atrás. Mais aí quedou. Aí quedará.

Cor e soños

  COR E SOÑOS   As cores non abundan nas miñas fotos, pero ás veces vólvense protagonistas,  e logo nas miñas fotos só hai cor e soños      

Xardíns da Maestranza

O paso de década dos 80 aos 90 trouxo consigo moitos cambios na cidade. Para os habitantes da Cidade Vella supuxo a apertura da cidade definitivamente ao mar. No que até aquel momento viña sendo un cuartel de artillería que facía á veciñanza espertar coas probas das ametralladoras, un día o son cambiou, e a …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies