Hai dezaoito anos, por estas datas, “os hilillos” do PRESTIGE, un megapetroleiro máis na longa lista dos naufragados na costa galega, agasallaba co seu refugallo ao mar e ás nosas vizosas costas.
Unha vez máis home a destruir a natureza que o sustenta, sen deprender nunca, teimando en seguir a ser “o idiota espabilado” dentre a fauna terrestre.
O mar, educadamente, ou non, torna á terra o que nós guindamos nel sen reparo. E, na beiramar, as crebas fannos lembrar que este mundo non é noso e que, tarde ou cedo, habemos apandar polo que facemos.