Leo Bassi: Misa Patólica

Leo Bassi celebra misas patólicas no seu ¨santuario¨ da Travesía Primavera do barrio madrileño de Lavapiés. Información da súa web:

A Gran Misa Patólica representa un fito na carreira teatral de Leo Bassi porque non é unha obra de Teatro senón a adaptación ao escenario dunha verdadeira “misa” bufonesca da famosa Iglesia Patólica fundada polo Ilustre Pallaso

Desde a súa inauguración o 28 de Decembro do 2012 en Madrid, este lugar de culto chamado O Paticano de Lavapiés, dedicado á adoración dun pato de goma amarelo “redentor”, celebra regularmente misas e acontecementos como vodas e bautizos coa súa propia liturxia.

O máis singular é que o que empeza como unha travesura orixinal e divertida se ha converte en algo que transciende a sátira, poñendo en evidencia as contradicións sempre máis grandes entre a narrativa oficial da nosa sociedade e os valores que a xente vive.

Cada domingo nas súas Misas Pató licas, o gran bufon que é Leo Bassi, provoca gargalladas e aplausos de consensos con preguntas e reflexións tan básicas como:
Se a ciencia e a tecnologia é tan importante pola Marca España Cómo é posible que o seu goberno preste xuramento sobre un libro onde as serpes falan? cómo pode cando tamén neste libro considérase a sabiduría como fonte de todos os nosos pecados?

Mais alá do tema da liberdade de expresión, posta tristemente en evidencia pola traxedia de Charlie Hebdo en París, a vontade que ten o público de rir destas cousas demostra un déficit de lexitimidade das institucións relixiosas. E ahí está a orixinalidade desta proposta.
A Gran Misa Patólica non se limita so a ser un contedor irónico para ordenar os argumentos laicos clásico. A raíz dos seus propios enfrontamentos cos defensores intolerantes da Religion, Bassi chegou a unha conclusión fundamental: A Risa é sacra e a arte do Pallaso ten unha función que conecta coa esencia do ser humano.
Quizás o Humor é o que máis caracteriza a Modernidade e á vez o que separa á democracia do absolutismo. É un acto de Amor á liberdade e unha homenaxe continua ao humanismo.
A pesar da gran importancia que o humor e a comicidade teñen nas nosas vidas, a sociedade segue considerándolo como unha actividade frívola, lonxe das altas esferas das aspiracións relixiosas. A forza da obra de Bassi é situar a linguaxe irónico a un nivel de conciencia diferente, utilizando a poesía e a maxia do Pallaso como vehícu onírico que transforma o espectáculo nun acto cargado de ritual.

Así pois, a elección dun Deus tan improbable como o pato de goma das bañeras, participa neste simbolismo. A ironía provocadora coa que un obxecto tan humilde no trono do todopoderoso ten a súa contrapartida profundamente moral:

Non seria o mundo mellor se en lugar do Deus do Antigo Testamento, vengador e castigador, o Ceo estivese rexentado por un Deus de broma, inocente, juguetón, optimista e amigo dos nenos?
Un Deus revolucionario que se distingue de todos os demais por representar a imperfección e non a Perfección.

Así o Pallaso ofrece ao resto da humanidade o seu propio Deus, este Deus da Imperfección que se enfronte á tiranía fanática da perfección e dos seus dous bastións: a vaidade e o desexo de poder.
Sen lugar a dúbida é a máis ambiciosa das creacións de Leo Bassi, que lle sitúa en un terreo onde os verdadeiros bufóns sempre buscaron a súa razón de ser: Desafiar espiritualmente a lóxica do mundo serio.

A Gran Misa Patólica destila todo o sabor destas misas tan particulares oficiadas no Paticano e é unha introducción perfecta para os non iniciados á Espiritualidade esperpéntica do Patolicismo.
Por último, dúas precisións máis.

– Durante a Misa, se exhibirán ao público 5 películas curtas , de 30 seg cada unha do bisavó de Leo Bassi, Giorgio Bassi . Filmado fai 119 años por os lexendarios irmáns Lumiè re. Son documentos excepcionais dos primeiros Pallasos da historia inmortalizados sobre unha película e é unha primicia absoluta pois non consta que fosen exhibidas con anterioridade. Isto é posible grazas a una autorización directa da Fundación Lumière.

– O público pode participar na celebración da Misar Patólica reservando con anticipación, será un pracer incluír no desenvolvemento do oficio auténticos bautismos, vodas, e por qué non!… ata divorcios patólicos.Leo Bassi

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies