Lixo

A conto do coronavirus que nos revirou a vida, ouvense cada vez mais voces que reclaman o replantexamento do noso sistema de vida e da nosa relación coa natureza. Moitos especialistas insisten na relación entre a sobreexplotación de recursos (coa consecuente destrucción da biodiversidade) e o deterioro da saúde, tanto do planeta  no seu conxunto coma da humanidade, como parte integrante do sistema. A zoonosis sería unha desas consecuencias, ao eliminar indiscriminadamente especies que poideran servir de freo a virus residentes, noutras especias nas que depredan, servindo de cortalumes sanitario. O equilibrio que a Natureza xestiona, fica destruído con imprevisíbeis consecuencias.

O que é evidente é que non coidamos da casa común da humanidade: esquilmamos recursos, contaminamos auga, ar e terra; desforestamos coma se o bosque ou a selva foran recursos doadamente substituibles; extinguimos especies sen reparo; espallamos sen control os animais domésticos e comerciamos cos animais silvestres, coma se todo bicho vivinte fora suceptíbel de se mudar en mascota; vivimos, en suma, coma se foramos alleos á natureza, cegos nas nosa burbulla urbanita, ignorando a realidade e actuando coma os irresponsábeis que xá describíu o Richard S. Scorer no seu memorábel libro The Clever Moron, nun lonxano 1977 (“El Idiota Espabilado”,  Ed Blume 1980)

Vai acó unha modesta testemuña das falcatruadas que facemos, agochando o lixo que xeramos baixo da alcatifa do salón.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies