Marcha antieólicos Montes de Brión

Cando nos anos 70 e 80 falabamos de enerxías alternativas, solar e eólica eran paradigma das mesmas, pola factibilidade de promover o autoconsumo e a producción descentralizada; eliminar a dependencia do petróleo; por posibilitar a fin do monopolio das eléctricas e polo seu baixo impacto ambiental… Mas pasados máis de trinta anos, o único que fica é a capacidade para eliminar a dependencia dos combustibles fósiles, o resto de aspectos positivos son eliminados polo Sistema, para seguir a propiciar un gran negocio para uns poucos, e implementando grandes parques de producción en territorios “periféricos” sensibles, ao máis puro estilo colonial. É por isto que o ecoloxismo, e parte da povoación que vai sendo consciente do que se lle vén enriba, oponse á masiva e indiscriminada ocupación do territorio (mesmo teóricamente protexido) polos xigantescos viraventos, que non benefician aos habitantes do territorio, pero ocasionan graves problemas ambientais e de afectación ao patrimonio cultural. Eólicos si, mas non así!!

Esta pequena reportaxe refire a marcha organizada recentemente, coma tantas outras ao longo do país, por diferentes entidades sociais do Concello de Ferrol, nun dos territorios afectados: os montes de Brión. 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies