Monfero I

O mosteiro de Monfero sitúase na contorna das Fragas do Eume.

As súas orixes remóntanse ao século X, co cenobio ao pé dunha ermida adicada a San Marcos, favorecido polo rei Bermudo II . Sufríu o ataque dos viquingos, e foi reconstruido por Afonso VII no  1134 xunto con Afonso Bermúdez Conde e Pedro Osorio.

A comunidade acollíase a regra de San Bieito, pois a comunidade artellárana monxes desa orde, procedentes do Mosteiro de Santa María de Valverde, no Bierzo. No 1147 acóllese á reforma cisterciense, pasando a dependere do Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

A finais da idade media, coa reforma dos Reis Católicos, anexiónase á Congregación de Castela, da que dependéu ata a exclaustración de 1835.

A reforma barroca dotóuno dunha interesante fachada onde se integra a pedra propia da zona (lousa) e o granito carrexado doutras áreas. No interior áchanse os interesantes sartegos dos cabaleiros da familia Andrade, que son testemuño palpábel da absorción da nobreza galega na órbita castelá.

A romaxe da Virxe da Cela celébrase no seu adro o primeiro domingo de xullo e conmemora o achádego dunha figura da virxe no Cal do Cela, nas proximidades do convento.

 

 

One Response

  1. Xan 11 Decembro, 2019 Responder

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies