Monte Neme

O Monte Neme elévase 386 metros sobre o nivel do mar, xusto encima da PRAIA DE RAZO-BALDAIO, o segundo areal máis grande de Galicia. Este balcón natural entre os concellos coruñeses de Carballo e Malpica, é un lugar onde lendas e restos arqueolóxicos documentan a primitiva celebración de aquelarres de bruxas, e desde hai poucos anos, é unha canteira abandonada por unha desas empresas que “veñen, expolian, esnaquizan e márchanse”.
Nos anos da primeira Guerra Mundial iniciouse a extracción de wolframio (material de especial importancia a comezos do século XX polo seu uso como condutor da electricidade, e especialmente polo seu uso na industria militar para o endurecemento do aceiro). Segundo apuntan os documentos, a primeira concesión da mina para extraer wolframio e caolín dataría de 1923, aínda que segundo parece, a orixe sería polo menos anterior á primeira gran guerra, prorrogándose en sucesivas ocasións ata o ano 2012, ano no que a mina se abandona.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies