O remate do Carnaval

Os fidéis chámanlle Semana Santa. Pero poderían ser os últimos estertores do Carnaval, esa festa pagá que serve para despedir o inverno e dar a benvida á primavera.
Era boa. En realidade ben sabemos que o inverno non remata até o 40 de maio, por iso non está de máis deixar algunha celebración para máis adiante, e se hai que prolongar os desfiles 40 días máis, pois faise e punto.
O ritmo da batucada é diferente, pero ese BUM, BURRUMBUM, BUM, dos desfiles da Semana Santa lembran moito aos dos folións de entroido de Vilariño de Conso e de Viana do Bolo.
A diferenza principal, con todo, está no porco. O carnaval celébrase comendo porco a esgalla case todos os días, e aquí resérvase para o final de festa.
Outro día falarei dos desfiles de Drag Queens, que non sei ben por qué me viñeron á memoria, será casualidade que nunha cadea de televisión estreábase estes días (precisamente estes días) a segunda tempada dunha cousa á que lle chaman Drag Race. O cerebro fai conexións sorprendentes.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies