Porto da Coruña 2, Refrexos.

Nos tempos nos que o porto da Coruña non restrinxía o paso aos peóns, aproveitaba eu para pasealo demoradamente e, ao tempo, apreixar no “caixón escuro” canto atraía a miña atención. Entre moitas outras cousas, chamábanme os xogos de lus e cor na auga, dos que estas imaxes son unha pequecha mostra. Trátase de imaxes dixitalizadas …

Exposición de Ruth Matilda ANDERSON I, Museo Pontevedra

Rut Matilda Anderson foi unha fotógrafa norteamericana, que se iniciou no mundo da fotografía da man do seu pai, Alfred Theodore Anderson, un home de orixe norueguesa quen tiña un estudio en Kearney especializado en vistas e retratos. Estudou Maxisterio na Escola Estatal do Profesorado de Nebraska, e malia que se graduou en 1915 nunca …

Roteiro dos Muiños (Lugo)

O Roteiro dos Muíños de Lugo atópase na Malladoira na parroquia de Orb azai, preto de Lugo cidade. Estas fotografías están tomadas seguindo o roteiro polo río Mera, afluente do Miño.

O Naseiro, 1992.

Outravolta ao pasado, mais de trinta anos a ceacú, fins de agosto, nunha das romarías de mais sona do país: O Naseiro, á beira do Landro, na terra norteña de Viveiro, apreixada cunha ollada “alternativa”. Disimulade a qualidade das imaxes!: van tiradas dunhas vellas diapositivas, atacadas de mofos… un mal endémico).    

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies