SORRISOS

  ¿Sabías que existen 19 tipos de sorrisos, pero só 6 son de felicidade? Sorrir é a expresión humana máis pura e sincera, cun simple sorriso podemos transmitir universalmente centos de emocións. Ter un sorriso xenuíno , encantador e saudable, é a chave mestra que che abrirá moitas portas e causará gran felicidade a ti …

O Museo de Camelle 1

No transcurso dunha viaxe en moto polas rías galegas, que fixen aló polo remoto 1979, coñecín a Manfred Gnäedinger, Man, o alemán de Camelle. Tiven a boa sorte de ingresar na reducida confraría dos “visitantes” cos que partillaba o seu lar, o pequecho e curioso cabanucho a pé do mar da Costa da Morte. Abraioume …

Arpa de herba

«Escoitas? É a arpa de herba que sempre nos conta algo novo… Sábeo todo da xente do outeiro, dos que viviron antes aquí. E cando nós esteamos mortos, tamén contará a nosa historia.» .- Truman Capote. A arpa de herba

Divagando, de vagariño…

Ás veces a mente divaga. Ás veces, os nosos pasos conducen o noso camiñar a aqueles lugares que nos viron medrar, e a nosa mente acaba nesa inconsciencia… Xorden de aí imaxes, do que foi, do que non foi, do que puido ser e non foi, do que quixésemos que fose e non puido ser. …

O metro

    Outro sitio onde me gusta perderme coa cámara é no metro, en xeral todos os medios de transporte parécenme sitios estupendos para recoller momentos, pero o metro en especial. Seguramente porque onde eu vivo non hai, e cando estou nunha cidade onde o hai, mergúllome baixo terra e cústame saír.  

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies