Xentes en pedra, xentes en metal

Temos certa tendencia a querer replicar a imaxe humana, a imaxe animal, calquera imaxe… e tiramos do material do momento, sexa pedra, metal… ou mesmo barro. Esas imaxes xa se converteron en compañeiras na cidade, aquelas coas que sentamos a “conversar” nun banco, aquelas que son referentes do punto de encontro. Desde o seu lugar, …

Máscaras

  Despois dunha pandemia como a que acabamos de experimentar, (ou estamos a atravesar, porque aínda non sabemos como rematará), nos atopamos algunhas novidades como o uso de máscaras, que xa forman parte do noso día a día. E penso que pasarán unha boa tempada connosco. Facendo foto de rúa, escollín algúns exemplos.     …

FESTIVAL DE PARDIÑAS: Feria e Festa da Música e da Arte

Historia do Festival de Pardiñas Finlandia, Italia, Rusia, Cuba, Portugal, Irlanda… Poderiamos estar falando da volta ó mundo, pero non. Facemos referencia ás distintas nacionalidades dos grupos que levan pasado polo Festival de Pardiñas ó longo da súa historia. Foi alá polo 3 de agosto do 1980 cando a Asociación Cultural Xermolos inaugurou un dos …

Arnela: Mar, pedra e area.

Arnela, acobillada no cantil onde medra a woodwardia antiga e o mar, a compás de nordés, labra na pedra, lambe manso na area e danza co arboredo enfeitizado que asoma á maina ría.

Torres do Oeste, Catoira

Debaixo do viaduto, que atravesa o río Ulla, atópanse as ruinas da antiga fortaleza: “Castellum Honesti”. Foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Gelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. Durante o s. XVIII as murallas aínda se mantiñan en pé e serviron …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies