Micropaisaxes pétreas

Xeralmente ao evocar a paisaxe pensamos en vexetación, auga, quizáis en grandes bosques, montañas e mares extensos… Raramente pensamos nas diminutas paisaxes da nosa contorna, esas que se amosan noutra escala: a selva formada polos musgos ou, coma neste caso, petrificadas, insinuada nas rochas. Micropaisaxes sorprendentes ás veces, suxerentes sempre.

Paco Souto, nun mural de Viki Rivadulla en Carballo

O concello de Carballo leva moito tempo posibilitando que as persoas, de Carballo ou de fóra, poidamos contemplar expresións artísticas nas paredes de edificios da vila, ao mesmo tempo permite que as persoas artistas poidan expresarse. Neste caso Viki Rivadulla preséntanos un mural que ten como protagonista a Paco Souto, poeta e percebeiro da costa …

A ARPA

A arpa é un instrumento de corda cun son distinto a calquera outro. O seu son embelece a música, moldéaa, agarímaa e transpórtaa a mundos fantásticos de trasnos, fadas, sereas, deuses etc. Tanto escoitar o seu son coma tocala é un privilexio, pois tranquilízanos e reláxanos con cada acorde ou arpexo.                                                                      V. G. G. …

COMBARRO

COMBARRO Combarro é unha parroquia do municipio de Poio, na provincia galega de Pontevedra. Ata principios do século xx constituía un municipio independente. O censo de 1999 rexistrou 1567 habitantes e o de 2004, 1668. É un pobo mariñeiro, próximo tanto á capital de provincia, Pontevedra (7 km), como a outros pobos recoñecidos como Sanxenxo. …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies