Peter Lindberg na Coruña

 

 

No peirao de Batería do porto da Coruña celebrouse a exposición Untold Stories entre o 4 de decembro de 2021 e 30 de marzo de 2022 do fotógrafo Peter Lindberg.
O percorrido iníciase en contedores portuarios que funcionan como “camiño” á nave principal. Antes de entrar atravésase un corredor con fotografías retroiluminadas con textos sobre Lindberg no pre-montaxe ” Raw Beauty”.
Segundo Benjamin Lindberg, fillo do fotógrafo, o recinto onde se mostra é un espazo tan grande como o que se concibiu para o inicio da exposición, que foi o porto de Düseldorf.
A exposición propiamente dita repártese en dúas salas: unha en negro, completamente ás escuras, onde se mostras os vídeos dos traballos do fotógrafo e outra completamente iluminada, con paredes en branco onde se poden ver as fotografías seleccionadas.
Só hai dúas imaxes en cor: unha fotografía de comida, feita por encargo para unha revista e un vídeo chamado Testament, que é unha plano-secuencia de 30 minutos dun preso do corredor da morte nunha prisión de Florida mirándose ao espello detrás do cal está a rodar o fotógrafo.
Por outra banda, a montaxe presenta outro lugar de interese: Un silo de Cementos do Cantábrico acondicionado como cafetería e tenda de recordos.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies