San Simón, a illa da Memoria

A illa de San Simón, ao fondo da ría de Vigo, destaca pola súa longa historia que a enlaza con diferentes momentos do noso pasado. Inspiración de poetas medievais, escenario de diferentes batallas… sería empregada máis tarde como lazareto e finalmente como presidio na época da Guerra Civil. 

Hoxe en día semella estar moi preto da costa, mais as fortes correntes e a súa extremada protección facían que fose case imposible fuxir sen un barco en condicións. 

 Foi moita a xente que pasou por ela, moitos os que nunca máis saíron. Cada ano a Iniciativa Galega pola Memoria organiza un acto de homenaxe a todos eles. Nos primeiros anos puidemos escoitar a memoria viva daqueles que sobreviviron e relataron a súa propia experiencia naqueles edificios fríos e ateigados. Estarrecedor. 

O tempo pasa e esas voces xa se perderon. Hoxe en día continuamos a visitar a illa cada ano, continuamos a honrar a súa memoria, e a memoria de todas e todos os que xa non están.

 

O conxunto está formado por dúas illas, San Simón e Santo Antón, unidas por unha ponte. Na illa de Santo Antón pódese ver un pequeno cemiterio. Na de San Simón están as dependencias principais da illa, incluida unha escultura lembrando aos poetas medievais e unha capela na que na época da guerra forzaban aos presos a rezar.

 

A Illa de San Simón, illa da Memoria

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies