PEDRA DA ARCA DE REGOELLE, Vimianzo

É un gran dolmen de corredor, situado no límite dos municipios de Vimianzo e Dumbría. Alcanza unha lonxitude total de 7,50 m, dos cales 3,80 m pertencen á cámara e o resto ao corredor. Da súa cámara poligonal conserva seis ortóstatos, faltando unicamente o da cabeceira, polo que a primeira vista parece que por este …

DOLMEN PEDRA DA LEBRE, Vimianzo

Localízase en Vimianzo (A Coruña). Coñecese polo nome de Pedra da Lebre. É un dolmen de planta poligonal formada por cinco esteos, a tampa apóiase nun deles. Ten un pequeno corredor. O máis salientable deste megálito son as grandes dimensións das pedras que o forman, e o seu grosor, que nalgúns casos acada os 70 …

DOLMEN A PEDRA MOURA, Vimianzo

Este túmulo megalítico de orixe Neolítica sitúase no centro dunha mámoa duns 15 metros de diámetro. Presenta planta poligonal e corredor curto, as partes diferéncianse en planta. Atópase desprazado da súa situación orixinal. Do corredor só se conservan tres lousas. Sitúase a 304 m. de altitude. Situación: 15126 Vimianzo, A Coruña. Coordenadas: 43°04’53.4″N 8°58’40.3″W,  43.081499, -8.977870

Dolmen de Axeitos, Ribeira

O dolmen de Axeitos, anta de Axeitos ou pedra do mouro é unha construción megalítica prehistórica situada na parroquia de Oleiros, municipio de Riveira, parte da península de Barbanza na ría de Arousa. O dolmen é o resto dunha tumba de corredor con cámara, co devandito corredor orientado o leste, data de época neolítica, entre …

Dolmen de Chan da Arquiña, Domaio, Moaña

Monumento megalítico funerario de gran riqueza arqueolóxica, con máis de 5.000 anos de antigüidade, construído polos antigos poboadores de Galiza. A mámoa está semienterrada, o que nos permite ver a entrada e o seu interior. Consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies