O Campo da rata é un espazo situado nun extremo da península da Torre, na cidade da Coruña. Neste lugar foron fusiladas moitas persoas, demócratas e libres. Hoxe é un espazo de lecer e de reflexión, onde están situados varios monumentos que nos recordan tempos escuros.

Espazos da memoria, Monumento no alto da Cruz da Maceira

Un monólito levantado no alto da Cruz dá Maceira, situado na carreteira de Pontevedra a Moaña, practicamente equidistante dos cascos urbanos dos cinco concellos da comarca do Morrazo,  homenaxea ás persoas que foron fusiladas, neste lugar, pola ditadura franquista durante o ano 1936, por ser republicanos ou simplemente sospeitosos de non aceptar as imposicións do …

Espazos da memoria, monumento a Johan Carballeira, Bueu

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido por Johán Carballeira, nacido en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego, asentado en Bueu. Monumento a Johán Carballeira, pseudónimo de José Gómez de la Cueva, poeta, xornalista e alcalde de …

Espazos da Memoria, Pedre, Cerdedo, Pontevedra

No lugar de Pedre, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, e á veira da cuneta atópase un monumento que recorda o fusilamento de Secundino Bugallo e Francisco Arca, asasinados, coma tantos, por defender a liberdade ea dignidade. Cerdedo, Galicia, 36121, España 42.51973, -8.443643 Cerdedo, Galicia, 36121, España http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.51973,-8.443643 Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6 Só os mortos viventes …

Espazos da memoria, Campo da memoria, Seara, Poio

O Monumento á Memoria “ Campo da Memoria”, Situado na Seara, Poio, é unha homenaxe ás persoas que sufriron o exilio político e a emigración. Este monumento deseñado por Adolfo Pérez Esquivel, Premio Novel da Paz, atópase no concello de Poio, onde naceu o seu pai. Foi construído pola Escola de Canteiros/as de Poio, nel …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies