CRUCE DE MIRADAS

 Como xa sabedes, son afeccionada a foto de rúa, onde a xente vai e vén, pois sen eles a fotografía carece de sentido para min. É unha fotografía cándida, espontánea, captando a vida nas rúas. Pero ás veces ocorre que aqueles a os que estou a fotografar, venme e decátanse do que vou facer. Lonxe …

De novo paraugas

Xa en maio despedindo o inverno, teño que despedirme de novo dos paraugas, que son pra min, fonte de inspiración. Xa noutras ocasións faleivos das posibilidades que teñen na fotografía. Pois iso,  aquí unha nova mostra..        

O TREN

Nos últimos post, faleivos de varios medios de transporte, metro, bus…, pero hai un que para min é o rei, e este é o tren. Desde que fai uns 7 ou 8 anos, descubrín o que era viaxar en tren cunha cámara, xa non deixei de facelo. Sempre que podo trasládome en tren, nin avión …

BUS

  Noutro post faleivos do metro, pero na miña cidade non hai, e non por iso gústanme menos os medios de transporte. Aquí vemos unha serie de fotos realizadas no bus. Quizais menos rechamantes por estar máis afeitos, pero en realidade, seguen sendo un mostrario de persoas, de xentes ensimesmados nos seus pensamentos, alleos ao …

O metro

    Outro sitio onde me gusta perderme coa cámara é no metro, en xeral todos os medios de transporte parécenme sitios estupendos para recoller momentos, pero o metro en especial. Seguramente porque onde eu vivo non hai, e cando estou nunha cidade onde o hai, mergúllome baixo terra e cústame saír.  

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies