Fotografía, en por sí, fainos viaxar no tempo, pois recolle e conserva aconteceres da nosa singladura vital que, dende o intre de capturalos, son xá historia de noso. Se por riba é de viaxes, ao tempo que nos evoca os tempos idos, evócanos a viaxe realizada, os lugares, máis ou menos afastados, que atesouramos nela, nunha dupla viaxe no espazo e no tempo.
Velaívai unha escolla dunha desas viaxes, acontecidas nun tempo ido.