A gaita galega

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É un símbolo da música tradicional galega.

As primeiras representacións gráficas da gaita son de mediados do século XIII. Constaba entón de fol, punteiro e soprete, sen roncón. Coincidindo co desenvolvemento da polifonía, engadíronselle os bordóns e na segunda metade do XIII e no XIV aparece xa cun roncón. Nun principio, este tiña forma abucinada e posteriormente tomou a forma de copa.

Na segunda metade do século XIX introduciuse o ronquillo (tamén chamado chión) como apoio ao punteiro, colocado a carón deste. Ben entrado o século XX apareceu unha ronqueta, máis pequena que o segundo bordón dos séculos anteriores.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies