Esta é unha adega con historia, as súas paredes pertencen a unha edificación do século XII que pertenceu á igrexa ata o século XIX que paso aos antepasados da familia e que se utilizou ata o século pasado como unha casa de agricultores. Esta restaurada mantendo a estrutura intacta e sen romper en ningún momento a esencia da casa, dándolle utilidade a todas as estancias.
Empezaron a traballar no ano 2005, contando coa herdanza dunha casa que data do século XIX, case en ruínas e que aos poucos van restaurando, todo en pedra e madeira,pero mantendo a estrutura da típica casa de labregos.
Tentando cada dia seguir coa tradicion de elaborar os seus viños o máis artesanal posible, e lembrando como se facía o viño antigamente, pisandolo cos pés e movéndoo cada dia á man durante a súa fermentación.
Traballan preto de 12 hectáreas , unhas propias e outras en arrendamento, polo que priman a calidade en toda a nosa produción, realizan o seu traballo artesanalmente, e elaborando os seus viños con variedades autóctonas, mencia, brancellao, merenzao en tintos e godello, treixadura, albariño e loureira en brancos.
O seus viñedos nas ladeiras do rio Sil, en escarpadas pendentes, e bañadas polo sol, controlando a produción, achegan todo o esplendor das variedades autóctonas, dando lugar aos caldos que cada día están máis recoñecidos polo público.