Adega Vella

Esta é unha adega con historia, as súas paredes pertencen a unha edificación do século XII que pertenceu á igrexa ata o século XIX que paso aos antepasados da familia e que se utilizo ata o século pasado como unha casa de agricultores. Esta restaurada mantendo a estrutura intacta e sen romper en ningún momento a esencia da casa, dándolle utilidade a todas as estancias.

Empezamos a traballar no ano 2005, contando coa herdanza dunha casa que data do século XIX, case en ruínas e que aos poucos imos restaurando, todo en pedra e madeira,pero mantendo a estrutura da típica casa de labregos.

Tentando cada dia seguir coa tradicion de elaborar os nosos viños o mais artesanal posible, e lembrando como se cara a o viño antigamente, pisandolo cos pés e moviendolo cada dia a man durante o seu fermentacion.

Traballamos preto de 12 hectáreas , unhas propias e outras en arrendamento, polo que primamos a calidade en toda a nosa produción, realizamos o noso traballo artesanalmente, e elaborando os nosos viños con variedades autóctonas, mencia, brancellao, merenzao en tintos e godello, treixadura, albariño e loureira en brancos.

O noso viñedos nas ladeiras do rio Sil, en escarpadas pendentes, e bañadas polo sol, controlando a produción, achegan todo o esplendor das variedades autóctonas, dando lugar aos caldos que cada día están máis recoñecidos polo público.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies