Ás sete nazóns celtas

A praza-monumento “Rosa dos ventos” está situada á beira da Torre de Hércules, na Coruña e representa os puntos cardinais e ás sete nazóns Celtas.

 

Éire (Irlanda) 

 É o antigo nome irlandés de Irlanda.  Refírese ao feito de que en Irlanda cada rei debería ter a súa raíña. “Erin” ou “Eire” evoca á máxica raíña do Tuatha de Danaan.  Foi a deusa / nai da fertilidade, da poesía, da música, das calidades creativas, da ferreiría, da artesanía, da metalurxia, da gandería e da agricultura.

 

Breizh (Bretaña) 

É unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns. 

 

Alba (Escocia)

O reino de Alba (en gaélico: Rìoghachd na h-Alba) refírese ao reino de Escocia entre a morte de Domnall II en 900 e a morte de Alexandre III en 1286, feito que indirectamente levou ás guerras de independencia de Escocia.

O nome é apropiado, xa que ao longo deste período a elite e popularidade do reino foron predominantemente gaélicas e normandas-escocesas, e diferénciase notablemente do período da Casa de Stuart, no que a elite do reino era na súa maioría anglófona ou falante escocesa.

 

Cymru (Galés) 

 É unha nación constituínte do Reino Unido. Está situada nunha península ao oeste da illa de Gran Bretaña, onde fai fronteira con Inglaterra ao leste e ao oeste, e norte e sur cos mares de Irlanda, Céltico, e Océano Atlántico.  Ten unha poboación total de tres millóns de habitantes e é un país bilingüe, cuxos idiomas oficiais son o galés e o inglés.

 

Vannin (Illa de Man)

Esta illa tamén é coñecida simplemente como Mann. Está localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. 

O asentamento dos pobos celtas nesta illa remóntase cara ao 500 a.C.. A lingua manesa, pertencente á póla céltica, comezará a pasar a unha lingua propia a partir do século V. 

A Illa de Man ten as súas propias institucións de autogoberno: a Cámara dos Chaves está formada por 24 membros elixidos por sufraxio universal, é considerada a entidade lexislativa máis antiga do mundo. 

 

 

Galiza

Xurde como entidade política no século III, coa creación da provincia romana da Gallaecia, recibía o seu nome dos galaicos, o pobo celta que levaba morando nos castros ao norte do río Douro polo menos o último milenio.

Está situada ao noroeste da península Ibérica, e limita ao norte co Mar Cantábrico eo Océano Atlántico, ao oeste co Océano Atlántico, ao sur con Portugal e ao leste con Asturias e Castela León. 

Ten lingua propia, o Galego. O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta. 

 

Kernow (Cornualles) 

É un condado administrativo, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, está situado no extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como un pobo con entidade propia e características celtas. 

As súas costas, recortadas, están bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ao sur, na parte oeste sitúase o sou “Fisterra” Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies