Maus Ventos

A chamada “transición verde” está a provocar impactos ambientais e conflitos sociais que a desvirtúan como tal. Non se trata dun proceso que promova o autoconsumo, aínda menos a reducción do mesmo, ou que respeite os valores ambientais do territorio (Xeolóxico e Biota), ou que salvagarde os intereses da povoación e facilite a vida no …

Micropaisaxes pétreas

Xeralmente ao evocar a paisaxe pensamos en vexetación, auga, quizáis en grandes bosques, montañas e mares extensos… Raramente pensamos nas diminutas paisaxes da nosa contorna, esas que se amosan noutra escala: a selva formada polos musgos ou, coma neste caso, petrificadas, insinuada nas rochas. Micropaisaxes sorprendentes ás veces, suxerentes sempre.

Vilariño de Conso. Antroido tradicional.

Vilariño de Conso celebra o Entroido ao xeito tradicional, como cáseque só se conserva nas terras ourensáns. O Boteiro é a persoaxe central, quen goberna o Fulión da parroquia, un grupo onde os participantes marcan o ritmo con bombos, gadañas e outros aparellos de labranza. Na fuliada satirízanse os temas de actualidad: política, relixión ou …

Parque de Santa Margarida, A Coruña.

No bico dun outeiro arroupado de verdor, que sobranceia a cidade da Coruña, o parque de Santa Margarida acolle as horas de lecer dos xubilados, o paseo dos namorados, o encontro discreto, a brincadeira dos cativos, as reviravoltas das mascotas e seus devotos, e mais a visita do curioso á Casa das Ciencias e do …

PRESTIGE: 20 anos após

Hai vinte anos, neste mes de novembro, “os hilillos” do PRESTIGE, un megapetroleiro máis na longa lista dos naufragados na costa galega, agasallaba co seu refugallo ao mar e ás nosas vizosas costas. Máis unha vez home a destruir a natureza que o sustenta, sen deprender nunca, teimando en seguir a ser “o idiota espabilado” …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies