No turismo todo cabe

[FGAL id=4689]

Cando revisitamos o pasado e volvemos sobre os pasos que non puidemos dar, ou que demos e non chegamos a completar… os camiños lévanos ás veces a lugares que xamais pensariamos ver. Levadas da improvisación, rematamos na tradición, mesturamos o turismo e o resultado é unha visita á fábrica de cervexa por excelencia de Dublín. Que vos preste unha pinta!

ENREDANDO

Ás veces a mente enreda e os pensamentos do pasado quedan prendidos neses aparellos que un día tiramos ao mar… tamén neses que un día, sen querer, acabaron caídos nas augas. Dese mar de incertidumes que mesturan as lembranzas claras e nítidas con outras oscuras e confusas, xorde a nosa memoria fresca e clara daquilo que nos impresionou e tan difícil foi de esquecer, esas casas con pintura de barca, esas fachadas de cores que marcaron o decorrer doutros tempos e perduran…. Voltar a vista ao pasado e comprobar que nada cambiou… sempre é doce.

[FGAL id=4473]

Divagando, de vagariño…

Ás veces a mente divaga. Ás veces, os nosos pasos conducen o noso camiñar a aqueles lugares que nos viron medrar, e a nosa mente acaba nesa inconsciencia… Xorden de aí imaxes, do que foi, do que non foi, do que puido ser e non foi, do que quixésemos que fose e non puido ser. Escaleiras que non levan a ningures, pedras. cidades en pedra atrapadas na modernidade, e lembranzas, en si, dunha vida que vai pasando… e non sabemos aínda como pasou. Divagacións dun vagar inconexo. 

[FGAL id=4227]

De animais…

Vémolos no campo, protestamos polo ruido que fan na cidade, levámolos a casa porque non podemos vivir sen eles… pero o que é certo é que están aí, ao noso redor, coa tenrura que comunican, coa dozura do seu ser e non podemos evitar que nos conmovan en certos momentos, que sexa a especie que sexa cheguen ao fondo do noso corazón. Son paxaros que seguen unha barca, cans que buscan peixes no mar, gatas e gatos que buscan a calor onda nós… Son elas e eles que conforman a nosa contorna e con ese doce ollar dun burriño ou ese nadar por vez primeira na lagoa dese cadeliño que temos… Aí están, sempre aí, sempre pendentes da nosa chamada, e nós pendentes do seu son.

[FGAL id=4027]

 

Cruces que conmemoran

Polos camiños destas terras, e non só destas, atopamos encrucilladas varias. Eses cruces de camiños nos que nos detemos a pensar por onde coller para continuar. É esa mesma imaxe a que temos en mente nestas datas cando lembramos aos nosos ancestros, aos que tamén indicamos cunha cruz. Non falamos só daquela de cruces cristiás, falamos dese imaxe, ese símbolo co que facemos memoria.

[FGAL id=3937]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies