Barcelona: Parc Güell

O parque Güell é un reflexo da plenitude artística de Gaudí: pertence á súa etapa naturalista (primeira década do século xx), período en que o arquitecto perfeccionou o seu estilo persoal, a través da inspiración nas formas orgánicas da natureza, para o que puxo en práctica toda unha serie de novas solucións estruturais orixinadas nas súas profundas análises da xeometría regrada. A iso engade o artista catalán unha gran liberdade creativa e unha imaxinativa creación ornamental: partindo de certo barroquismo as súas obras adquiren gran riqueza estrutural, de formas e volumes desprovistos de rixidez racionalista ou de calquera premisa clásica.
O parque debe o seu nome a Eusebi Güell, un rico empresario membro dunha influente familia burguesa da Cidade Condal. Home polifacético e de gran cultura, foi escritor, pintor, lingüista, químico e biólogo.Como empresario foi dono de empresas como O Vapor Vell ou a Cementeira Asland, e tiña participacións noutras empresas como Tabacos de Filipinas, o Banco Hispano Colonial ou a Compañía dos Camiños de Hierro do Norte de España. Así mesmo, militou no catalanismo e foi deputado nas Cortes en 1878. En 1910 foi nomeado conde polo rei Alfonso XIII. Amigo íntimo e mecenas de Gaudí, encargoulle moitas das obras efectuadas polo arquitecto modernista, sen interferir nas súas decisións artísticas. Para o conde Güell, Gaudí construíu, ademais do parque Güell, o palacio Güell, as adegas Güell, os pavillóns Güell e a cripta da Colonia Güell.
En 1969 o parque Güell foi nomeado Monumento Histórico-Artístico de Carácter Nacional e, en 1984, a UNESCO incluíuno dentro do Lugar Patrimonio da Humanidade «Obras de Antoni Gaudí».​ Entre 1987 e 1994 fíxose unha restauración do parque, a cargo de Elías Torres e José Antonio Martínez Lapeña, coa colaboración de Joan Bassegoda. Queda pendente un proxecto de adecuación do cara norte da montaña —que non entrou no proxecto de Gaudí—, especialmente a zona forestal, onde se acha a fonte de San Salvador de Horta.

Extraido de Wi​kipedia.

Por certo: pódese comprobar que é un bo fondo para retratos; todas as persoas que aparecen aquí pousando, estaban a facelo para outros, non para o autor da presente reportaxe.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies