Barcelona é unha cidade á que ben paga a pena adicar tempo. Esta aventura fotográfica foi, sen embargo, tan só nun par de días, pero deu de coller esa idea dun lugar que agocha, e exhibe á vez, ese pasado romano, rúas estreitas polas que se perder e atopar en cada recanto un novo misterio, e, sobre todo, un espazo aproveitado que non afoga. Dentro do espazo da comunicación, sorprende a recuperación do tranvía para conectar barrios periféricos co centro sen estragar a paisaxe, coas vías convertidas nun xardín. Contrariamente a outras cidades, aquí o mar está ben visible con ese porto aberto polo que pasear. Toda unha experiencia.
14 Outubro, 2019
Nat Miragaya
Barcelona, unha visión particular
Galerías do mesmo autor

Estación do Burgo
Dita compañía creouse para continuar coas obras …

Xentes en pedra, xentes en metal
Temos certa tendencia a querer replicar a …