O Barrio das Flores da Coruña é un dos barrios máis singulares e relevantes na historia da arquitectura da cidade. As súas orixes remóntanse aos anos 60. Eran vivendas de carácter social, e pola súa forma innovadora, este barrio foi obxecto de estudo máis aló da cidade e mesmo de España. O mismísimo Franco acudiu á inauguración. As vivendas proxectáronse buscando funcionalidade, tratando ademais de que os edificios albergasen o maior número posible delas para optimizar o chan. En canto á contorna, adquire a máxima relevancia: xunto ás vivendas créanse espazos verdes, igrexa, garderías, galerías comerciais… En definitiva, búscase dar resposta a todas as necesidades que poidan ter os residentes. Isto a día de hoxe probablemente non nos chame a atención, pero nos anos 60 foi unha revolución O aspecto do barrio na actualidade é de relativo abandono, a pesar da súa singularidade e relevancia. Creo que a forma de tríptico, vai moi ben, para plasmar un pouco o que é este barrio hoxe.
12 Xullo, 2021
Lestonnac Ibáñez
BARRIO DAS FLORES
Galerías do mesmo autor

O ENSAIO
O ensaio me permitio achegarme, moverme, fundirme …

Estado de alarma
Estado de alarma, días estraños, unha …