Batuko Tabanka, música Caboverdiana

O Grupo de música Batuko Tabanka está integrado por mulleres de Cavo Verde, asentadas en Burela, Lugo.
O ritmo das “batukadeiras”, ten un pasado ligado á música tradicional que facían os escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de “batuko”.
A integración destes ritmos africanos coa música galega fusiónanse dunha maneira natural, xa que os seus ritmos ternarios son moi parecidos aos da xotas galegas, e as cancións lembran ás que cantan as pandeireteiras galegas, coma elas existe unha “sacadora” á que se lle suma o resto de compañeiras repetindo a mesma frase. É unha música de integración, fusión, diálogo, diversidade e respecto entre as culturas Galega e Cavo Verdiana.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies