FINISTERRAE. UN CONTO DE CABALEIROS.
Érase unha vez un pobo tan, tan fermoso que explicalo con palabras case non sei.
Ficaba tan lonxe, que a maioría da xente dicía que o fin da terra era.
Rodeábao o mar por todas partes agás por unha.
Era bravo, terrible.
De cando en vez devoraba a máis de catro persoas que se portaban mal con Deus. Aínda así, todo o mundo quería ir alí.
Onde o mar se xuntaba co ceo e éste se unía co sol ao chegar a tardiña.
Finisterrae era o nome do pobo de Ximena, princesa de Castela, protagonista desta historia, que eu como trobador que son, hoxe vos quero relatar:
De castelo en castelo ando errante desde ben mozo.
Historias escoito de amor e desamor, de aventuras, infortunios… Bechos raros;
sen resolver algúns misterios…
Dragóns enormes con bocas cheas de lume que loitan con cabaleiros indestrutibles…
A historia que hoxe aquí conto, data de hai moitos anos, reinando Felisardo de Castela.
Finisterrae era un pobo moi visitado por todo o mundo.
Viña xente de todos os lugares:portugueses, peregrinos ingleses… Non solo polo bonito que era, senón pola riqueza do seu mar en peixes.
Por iso tiña unha boa flota de barcos pesqueiros. Así o rei de Castela a vivir aquí viñera para todos os cartos manexar e dar contas o clero.
Así, a pobre e desdichada Ximena, filla do Rei, foi como se namorou dun valoroso,humilde e pobre mariñeiro chamado Cúspulo.
Aínda que o seu destino non era máis que casarse cun cruel e ruín cabaleiro coñecido como Tiburcio de Ourense.
Cúspulo, o outro gran protagonista da nosa historia, non era un pobre mariñeiro como pensaba todo o mundo na vila.
Era todo un poeta, que ademais soñaba ser un gran cabaleiro, e loitar cos Irmandiños algún día.
Tiña un sitio agochado onde compoñía os seus versos e practicaba a súa loita ca espada.
Ás veces levaba algunha doncela que caía nos seus brazos. Pero ningunha o namorara tanto como Ximena.
Ademais a ela atopáraa alí, no seu recuncho, chorando nunha mañá de temporal na que él non poidera ir navegar:
-¿Qué vos pasa, fermosa doncela. ¿Por qué chorades? Preguntoulle Cúspulo.
-Sen rumbo navego por este Mar que á morte me leva. Contestoulle Ximena, con gran
melancolía.
Esas foran as súas primeiras verbas .Sen saber que eran o principio do fin.
Dun gran amor que comezou cunhas bágoas. Despois levaríanos a paixón ,seguido da luxuria e
finalmente o escándalo dun gran amor imposible.
O recuncho que tiñan os namorados, chamábase O Berrón. Era un sitio moi xeitosiño. Había unha rocha grande onde se vía como o mar batía nela, unha e outra vez. Semellaba que lle estaba dando bicos.
Esa rocha tiña forma de un lagarto xigante, víase como unha cabeza
e unhas patas. Era incrible. ¡Era fascinante!
Esperando estaba Cúspulo por Ximena mentras compoñía este soneto:
Mariñeiro son, e navego sen brazos,
sen esperanza, sen rumbo xa ando
agardando nun niño sen engano,
con tormento vivo sen os teus beizos.
Dos teus fermosos cabelos me lembro;
cas miñas pobres mans pouco a pouco
palpo o teu fermoso corpo tan louco;
e cas miñas mans bícote un ombro.
Este amor imposible vaime matar,
sen ela un desgraciado sempre serei;
navío non teño, Rei non podo ser.
Por amor malpocado vou afogar,
¡ai!, a miña vida por ela darei,
o remate da lúa hai que morrer.
Cando Ximena ao seu carón chegou, tiña cara triste e comezou chorar igual que cando
a vira por vez primeira. Pero aquela fóra porque o pai a obrigábaa a casar con Tiburcio
de Ourense.
Aínda que súa irmá, Erfelita, que non era moi agraciada , cativa, e sen graza; ofrecérase a casar con el.
As bágoas de Ximena, polo mesmo volvían ser.
Cando Tiburcio chegou e viu a súa prometida, a Erfelita, negouse con ela casar.
Non pasa nada, Felisardo dixo. Farase a voda , coma previsto estaba:
No mes de Marzo e ca princesa Ximena.
Aló o fondo, nuns banquetes onde sentadas todas as mulleres da familia colocadas estaban,
unha das fillas do Rei desmaiouse e a outra chorando marchou.
-¡Fuxiremos!, dixo Cúspulo, cando ela o sucedido lle contou.
-¿Adonde, meu señor, non pode ser, non ves que o exército do meu pai seguiranos e matándovos acabará?
-Antes morto, que vivir sen vos miña señora.
Sen os vosos beizos. Enfermo de amor ando.
Quérovos. Namorado de vos estou . Sen vos xa non sabería vivir.
Penso na súa boca, como me fala, o fermosa que é cando me fai rir. Nos seus ollos, azuis, coma o mar que me leva e me trae todos os días.
O que ollamos os dous cando estamos neste recuncho tan fermoso, cando nos amamos.
Non quero pechar os ollos se non vos van ver máis; nin quero xuntar as miñas mans sen que as nosas xa non estean dentro delas.
Non quero abrazarvos e que non esteades comigo dentro Ximena.
Se non vos podo ter, eu mátome aquí mesmo.
– ¿Que di ,meu señor?
– Sodes o meu Sol, a miña Lúa, a quen eu máis adoro.
¿Se vos ides? ¿Adonde iría eu?
Vagaría sen rumbo toda a miña vida coma un navío sen destino.
Antes de coñecervos pasaba noites escuras e longas sen sentido.
Agora todo cambiou.
Vos sodes a luz que alumea a miña vida. Sen vos nada son. É o meu destino.
-Pois daquela o meu destino debe ser este Ximena: morrer por vos.
-¡Non, por Deus, Cúspulo!
O namorado, con moito pesar , cunha última mirada á muller da súa vida e cunha bágoa de
tristeza na súa meixela, fixo o amago de tirarse polo barranco do recuncho no que tanto tempo estivera ca súa amada…
Cando de repente Ximena berrou e dixo :
–¡Espera! que con vos vou … Quero cambiar ese destino.
Xa que non poido vivir con vos , morrer si podo.
Así que os dous uniron as súas mans, e esta vez sí, con bágoas, pero de ledicia, déronse un
gran bico e…
Tiráronse ó bacío polo acantilado…
Así acaba a miña historia de dous amantes que non puideron loitar co seu amor nunha
sociedade de donas e cabaleiros , de cartos e peixes, que afogaron nun mar de rochas sen fin, sen esperanza.
FIN
Chelo do Xastre