


A ARPA
A arpa é un instrumento de corda cun son distinto a calquera outro. O seu son embelece a música, moldéaa, agarímaa e transpórtaa a mundos fantásticos de trasnos, fadas, sereas, deuses etc. Tanto escoitar o seu son coma tocala é un privilexio, pois tranquilízanos e reláxanos con cada acorde ou arpexo. V. G. G. …

Retratos en Sto Lat ( Taller de arte, laboratorio de ideas)
O estudio da artista coruñesa Gosia Trebacz é un lugar idóneo para facer unha serie de retratos

A XANELA DA ALMA
Asi chámanlles. Non sei, si da alma, pero si son unha xanela, unha xanela pola cal contamos historias, expresamos sentimentos. Para min non hai nada máis fácil para transmitir que un retrato, a través del, podo ver forza, tristeza, alegría…como se ama, ,como se chora, como se vive… Unha mirada…. : Un retrato.

MOLLADURAS ( DESCARTES )
O pasado mes de setembro o meu amigo Gerardo e mais eu fixemos unha exposición no Atelier de Fotografia. A materia: molladuras. Foron moitas as fotos recollidas durante un ano, e moitas foron as que, por razóns obvias, quedaron fóra da exposición. Aquí tedes un exemplo dalgúns descartes: