Organilleiros na CD México

 

Organilleiros na CD México

Os organilleiros son músicos de rúa tradicionais moi icónicos da Cidade de México. Coñécense polos seus elegantes uniformes beige e polos sons característicos do “órgano de manivela”, un instrumento musical portátil.

O órgano de manivela chegou a México a finais do século XIX por medio de familias migrantes alemás, especialmente a través da casa de instrumentos musicais Wagner y Levien.

Adaptouse e sobreviviu á Revolución Mexicana, cambiando as melodías europeas por cancións populares mexicanas e corridos revolucionarios como “Adelita”.

O característico uniforme beige ou caqui dos organilleiros lembra aos uniformes do exército de Pancho Villa. Conta a historia que un organilleiro acompañaba ás milicias para animar as batallas.

 

O Órgano de manivela é unha caixa de madeira portátil que funciona cunha manivela. No seu interior, un mecanismo de cilindros con puntas de bronce ou de cartón perforado produce as melodías. Pode pesar ata 60 kg. A tradición musical transmítese de xeración en xeración.

Insectos comestibles de México 

Insectos comestibles de México 

No Mercado de San Juan da Cidade de México poden atoparse bichos comestibles como parte da súa ampla oferta de comida prehispánica e exótica.

A oferta de bichos inclúe tanto insectos tradicionais como opcións máis inusuais. Atópanse tanto para levar a casa como para consumir en locais do mercado que preparan pratos como tostadas.

Insectos Tradicionais Mexicanos:

  • Chapulines: saltóns, normalmente adobados con limón e chile.
  • Escamoles: larvas de formiga, coñecidas como “caviar mexicano”.
  • Chinicuiles ou gusanos de maguey: larvas que viven na planta do agave.
  • Jumiles: chiches vivos ou adobados.
  • Ahuautle: ovas de mosquito acuático, chamadas “avia de México”.
  • Acociles: pequenos camaróns de río.

Outras Opcións Inusuais:

  • Ancas de ra
  • Caracois
  • Cucaracha de Madagascar
  • Tarántulas e escorpións

Xamáns no centro de CD México 

Xamáns no centro de CD México 

O Zócalo (oficialmente a Praza da Constitución) no centro histórico da Cidade de México é un lugar de grande importancia histórica, cultural e social. Alí, é común encontrar curandeiros tradicionais, xamáns ou espiritualistas que ofrecen os seus servizos, como: Limpezas espirituais (con plantas como o romero, copal ou ovo). Lecturas de cartas ou do futuro. Cerimonias ou bendicións. Consultas para problemas de saúde, amor ou sorte.

Estas prácticas mesturan elementos das tradicións indíxenas prehispánicas (como as dos nahuas ou otomís) con influencias do espiritualismo moderno e do catolicismo popular.

É unha mostra da rica diversidade cultural e do sincretismo que define a México.

O Centro Histórico da Cidade de México

O Centro Histórico da Cidade de México

O Centro Histórico da Cidade de México é o corazón da capital e un testemuño vivo das súas capas de historia: construído polos españois sobre as ruínas da gran Tenochtitlán, a capital do Imperio Azteca.

É Patrimonio da Humanidade da UNESCO e concentra máis de 1.500 edificios históricos.

Puntos de interese:

Zócalo (Plaza da Constitución), É a praza principal e unha das máis grandes do mundo.

Moi cerca están, Catedral Metropolitana, Pazo Nacional, zona arqueolóxica do Templo Mayor.

Catedral Metropolitana, unha das catedrais máis grandes de América, construída entre os séculos XVI e XIX, Mistura estilos desde o gótico ata o neoclásico.

Templo MAIOR, Ruínas do principal templo azteca de Tenochtitlán, descubertas e 1978. Inclúe un museo con miles de obxectos achados no lugar.

Pazo de Belas Artes, emblema cultural coñecido pola súa cúpula de mármore e mosaicos. No seu interior alberga impresionantes murais de artistas como Diego Rivera e Siqueiros.

Outros lugares destacados son o Pazo Nacional, Sede do goberno, con murais históricos de Diego Rivera. Alameda Central.  Rúa Madero, Peonal con edificios históricos como a Casa dos Azulexos.

CASTELO DE CHAPULTEPEC, CD MÉXICO

CASTELO DE CHAPULTEPEC

Situado no cumio do Cerro do Chapulín (a 2325 metros sobre o nivel do mar), o castelo ten unha longa historia como casa de verán do vicerrei, Academia Militar, residencia imperial dos emperadores Maximiliano e Carlota, e posteriormente residencia presidencial.

Desde 1939 alberga o Museo Nacional de Historia.

Localizado na primeira sección do Bosque de Chapultepec, Miguel Hidalgo, Cidade de México.

O museo conta cunha extensa colección de obxectos históricos, mobles de época e unha destacada colección de murais de artistas como Siqueiros, O’Gorman, Orozco e González Camarena, que narran a historia de México.

A localización elevada do castelo ofrece vistas impresionantes da cidade de México, Paseo da Reforma e boa parte do centro desta.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies