Espazos da memoria, monumento a Johan Carballeira, Bueu

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido por Johán Carballeira, nacido en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego, asentado en Bueu.

Monumento a Johán Carballeira, pseudónimo de José Gómez de la Cueva, poeta, xornalista e alcalde de Bueu no período republicano, de febreiro a xullo de 1936, fusilado en abril de 1937.

O monumento está situado á entrada do porto de Bueu, foi esculpido en granito por Manuel Paz Mouta e mostra un gran libro tridimensional aberto.

Nel están gravados dous dos seus poemas:

 

-E o día que

o fondo de bondade

do pobo quede

ceibe,

non haberá

forza meirande

que a súa.

 

-A praia

unha amante

escrava do mar,

bérralle,

zurrégalle,

e vaina

bicar.

 

Situación

42.326909, -8.787306

Rúa de Montero Ríos, 133, 36937 Bueu, Pontevedra, España

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.326909,-8.787306

Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6

[FGAL id=2414]

Espazos da Memoria, Pedre, Cerdedo, Pontevedra

No lugar de Pedre, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, e á veira da cuneta atópase un monumento que recorda o fusilamento de Secundino Bugallo e Francisco Arca, asasinados, coma tantos, por defender a liberdade ea dignidade.

Cerdedo, Galicia, 36121, España

42.51973, -8.443643

Cerdedo, Galicia, 36121, España

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.51973,-8.443643

Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6

Só os mortos viventes se esquecen dos mortos,

os acordos ármannos

para inventar futuros

e non rematar nunhas mediocres

colleitas de trampas e avaricias,

coas que se amasa a morte

e se fai da vida

un cemiterio de baleiros tristes.

Manolo Graña

 

[FGAL id=2395]

Espazos da memoria, Campo da memoria, Seara, Poio

O Monumento á MemoriaCampo da Memoria”, Situado na Seara, Poio, é unha homenaxe ás persoas que sufriron o exilio político e a emigración.

Este monumento deseñado por Adolfo Pérez Esquivel, Premio Novel da Paz, atópase no concello de Poio, onde naceu o seu pai.

Foi construído pola Escola de Canteiros/as de Poio, nel están gravados os nomes de Rosalía de Castro, Alexandre Bóveda e Castelao.

Prendamos o sol

Prendamos o sol cada mañá

para facer que medre o pan de xustiza

e poidamos voar libres

sen pedir permiso

e sen donos que vivan por nos.

Compartamos a palabra

a risa e a resistencia

e escaparemos do esquecemento

e soñaremos coas pálpebras cheas de terra nai.

Manolo Graña

 

Situación:

42.437734, -8.693451

Campo da Memoria, 4ª Travesía Seara, Poio, Galicia, 36995, España

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.437734,-8.693451

Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6

[FGAL id=2423]

Espazos da memoria, A Capirota, Marín

A Capirota Marín

Carme Domínguez Pesqueira, Coñecida por A Capirota, nai solteira de 29anos, que se enfrontou a un grupo de falanxistas cando estaban a bater a un home na rúa, en agosto de 36.

Esa noite secuestrárona e levárona ao Pozo da Revolta, no lugar de Bagui, na parroquia de Mogor, onde foi violada, torturada, golpeada e baleada, alí a recorda un monumento.

No rexistro civil de Bueu certificaron a súa morte, como causa puxeron: “Ferida no corazón”.

O paso do tempo converteuse a frase en metáfora poética do rescoldo do franquismo en Galiza.

O pobo de Marín púxolle o seu nome a unha praza, Praza da Capirota, no centro da vila, onde tamén se erixiu unha placa para o seu recordo.

Praza da Capirota

Rúa Da Roda, 23, 36900 Marín, Pontevedra.

Coordenadas

42.392101, -8.70094

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.392101,-8.70094

Pozo da Revolta

Rua Baguin, 23, 36911, Pontevedra, España

42.378264, -8.724823

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.378264,-8.724823

Carme, A Capirota,

tocouche vivir nun tempo de tronos,

fartácheste de traballar

e por mais que lavaches e lavaches

para señoritos insatisfeitos,

non te libraches da súa brutalidade,

a túa condición de muller solidaria

levoute a sufrir a súa atrocidade.

O pozo da Revolta recolleu o teu corpo

despois do horror,

e neste lugar

floreceron mil rosas vermellas,

mil paxaros anunciaron a túa valentía,

e toda a ría foi testemuña

da dor e do valor dunha muller.

Manolo Graña

[FGAL id=2271]

 

Monumento aos fusilados en Pontevedra, espazos da memoria

Conxunto escultórico en memoria dos dez fusilados o 12 de novembro de 1936 en Pontevedra.

Este conxunto ten como motivación, segundo o alcalde, “que siga viva a súa memoria, para que a intolerancia e a barbarie nunca máis poidan tronzar os anceios de paz e para que o seu exemplo nos axude a construír un futuro de xustiza e de prosperidade para todos”.

O escultor foi, Sergio Portela. Na base está representada unha fada, da mitoloxía celta, que realiza labores de mediadora entre os vivos e os mortos.

Situación do monumento

42.428513, -8.634108

Rua Jose Malvar Figueroa, 1, 36002 Pontevedra

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.428513,-8.634108

 

Non nos doen os acordos,

dóenos ter que calar,

dóenos o silencio baleiro,

dóenos a mordaza íntima

que non nos deixa vivir o momento presente,

dóenos botar do corazón a vida que soñamos,

dóennos os enterros en terra morta,

descoñecida, sen nome,

dóenos cando nos fan esquecer

aos que enterraron vivos.

 

[FGAL id=2297]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies