Espazos da memoria, Punta Herminia, A Coruña

PUNTA HERMINIA

Punta Herminia, antiga zona militar, é un espazo situado preto da antiga Cárcere da Coruña e cerca, tamén, do coñecido Campo da Rata, todos eles a carón da Torre de Hércules.

Punta Herminia forma parte dese tráxico triangulo, xunto coa Cárcere da Coruña e o Campo da Rata, no que a partir de xullo de 1.936 tivo lugar un terror inmenso.

Neste espazo inauguráronse os macabros fusilamentos e paseos, polos militares sublevados e falanxistas, das autoridades lexítimas gobernativas da Segunda República na Coruña. Isto é, fusilando o 24 de xullo a moitas persoas, entre outras ao novo gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, ao comandante e ao capitán das forzas de Asalto, Manuel Quesada del Pino e a Gonzalo Tejero Langarita.

Tamén foron fusilados varios sindicalistas e persoas destacadas da vida política como o entón alcalde da cidade, A. Suárez Ferrín.

Enderezo: 15002 A Coruña

https://goo.gl/maps/hgMrtV7t1Kq

Coordenadas: 43.426439, -8.400897

 

RECUPERAR AS MEMORIAS

Recuperar as memorias

alonga a luz dos días,

prolonga os tempos vividos,

convócanos á existencia presente,

axuda a poñer soños contra o terror,

a morte vil,

a vida gris-escuro.

Manolo Graña

[FGAL id=2089]

Espazos da memoria, O Portiño, A Coruña

O PORTIÑO:

Lugar situado ao final do Paseo Marítimo lindando co concello de Arteixo. Trátase dun pequeno porto mariñeiro e unha praia con algunhas casas achegadas, a paisaxe da zona e de cantís con furnas e preto están as Illas de S. Pedro, rochosas e declaradas Espazo Natural de Interese Local. Existen tamén restos xeolóxicos dunha praia de 400.000 anos de antigüidade.

MONUMENTO AOS MORTOS DA REPÚBLICA:

Realizado en 2008 por iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.

Realizado por Pepe Galán.

Trátase dun corredor de aceiro con escadas e dous grandes focos no cal están inscritos os nomes dos 19 republicanos asasinados en 1937 cando tentaban fuxir da represión franquista.

MONUMENTO AOS MORTOS DA REPÚBLICA
Cerca de Fuente De Agua Potable, Carr. al Portiño, 15011 A Coruña

Coordenadas: 43,3711052, -8,4448161

Mª Cruz

[FGAL id=1784]

Espazos da memoria, presentación

ESPAZOS DA MEMORIA
Espazos da Memoria, pretende mostrar aqueles espazos e ou monumentos de singular importancia para a nosa memoria histórica.
Móstranse imaxes, localizacións e indicacións que faciliten a súa visita, para contribuír á reflexión e a evitar o esquecemento de feitos que trouxeron morte e sufrimento, pero tamén miseria económica, política, social e cultural.
Tempos que non desexamos que volvan.

[FGAL id=1678]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies