Esta pandemia, como fenómeno sanitario, sociolóxico, económico, etc, provoca, nas persoas, reaccións de comportamentos moi diversos, propios da necesidade de unha nova readaptación a un medio social, cun alto grao de incerteza.
Así maniféstanse; medos, inseguridades, desconfianzas, solidariedades, unha conciencia clara de que só o sentido e a práctica colectiva nos pode salvar e posibilitar o avance da civilización.
Tamén vemos actitudes insolidarias e de aproveitamento para beneficios persoais que impiden mitigar os efectos desta pandemia en moitos grupos sociais do chamado primeiro mundo, pero sobre todo das poboacións pobres, que son maioría, nos países en desenvolvemento, provocando, á súa vez, a imposibilidade de resolver a propia situación sanitaria.
As fiestras da casa
observan a mañá
as súas plumas
de anxo caído
tras os cristais
a xeada amence
para dentro
os ollos
que me miran
desde o espello
calan
ese silencio
é parte do frío
Rafa Villar