Vémolos no campo, protestamos polo ruido que fan na cidade, levámolos a casa porque non podemos vivir sen eles… pero o que é certo é que están aí, ao noso redor, coa tenrura que comunican, coa dozura do seu ser e non podemos evitar que nos conmovan en certos momentos, que sexa a especie que sexa cheguen ao fondo do noso corazón. Son paxaros que seguen unha barca, cans que buscan peixes no mar, gatas e gatos que buscan a calor onda nós… Son elas e eles que conforman a nosa contorna e con ese doce ollar dun burriño ou ese nadar por vez primeira na lagoa dese cadeliño que temos… Aí están, sempre aí, sempre pendentes da nosa chamada, e nós pendentes do seu son.