Desde aquí podes descargar distintos documentos que fomos publicando ao longo destes últimos meses. Unha parte importante dos documentos que podes atopar aquí están realizados en colaboración coa AS-PG.

[/toggle]

REPÚBLICA GALEGA
Folleto elaborado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, para dar a coñecer os sucesos que deron lugar á proclamación da República Galega en xuño de 1931.

DESCARGA

RICARDO CARVALHO CALERO
 “Eu nascin no Ferrol Vello. O Ferrol Vello é o Ferrol máis antigo, un bairro de pescadores, primitivamente, que non era outra cousa que unha vila mariñeira semellante ás da Ría enfrente do Ferrol de hoxe, por exemplo Mugardos”.

Letras galegas para Carvalho CaleroRicardo Carvalho Calero desde moi novo foi un home comprometido co seu país. Foi presidente da Federación Universitaria Escolar (FUE), membro do Seminario de Estudos Galegos. Cofundador do Partido Galeguista, integrou, con Castelao, Alexandre Bóveda, Lugris Freire, Paz Andrade e Tobio Fernández, o seu Conselho Assessor.

En 1939, terminada a guerra, foi xulgado e condenado por separatista a cadea perpetua, que sería reducida a doce anos e un día de prisión maior. Conta cun importantísimo traballo investigador. Un dos froitos dese traballo é a Historia da literatura galega contemporánea. En 1972, foi nomeado primeiro titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.

Deixámosvos aquí o folleto que a AS-PG elaborou no 2010 para o Concello da Coruña onde se fai un repaso pola vida e a obra de Carvalho Calero.

DESCARGA

Tamén podedes descargar a infografía que publicou Sermos Galiza onde se recompila a parte da obra de Carvalho Calero máis interesante para a lingua e historia galega e a máis novidosa.

DESCARGA

PANEIS DO 40 ANIVERSARIO
Co gallo do 40 aniversario da AC Alexandre Bóveda, celebrado o pasado ano 2016, confeccionáronse estes paneis que agora se poden descargar en formato PDF, onde se recolle unha visión xeral desta longa andaina.

DESCARGA

SERMOS BÓVEDA
 O número 1 da primeira das colaboracións bianuais da AC Alexandre Bóveda con Sermos Galiza, onde se fai un repaso ao presente, pasado e futuro da asociación: grupo de teatro, lingua e literatura, Irmandades da Fala…

DESCARGA

FOLLETO DAS IRMANDADES DA FALA
A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala. No 2016 realizamos un despregable no que, de xeito moi breve contabamos a historia das Irmandades da Fala.

Sete “momentos” para contar o acontecemento: A Coruña, a cidade que alumeou as Irmandades da Fala//A Nosa Terra, voceiro das Irmandades//As mulleres das Irmandades//A Primeira Asemblea Nacionalista//A defensa da lingua//O teatro das Irmandades//Os libros de NÓS.

E sete persoas protagonistas dos acontecementos: Antón Vilar Ponte//Ánxel Casal//Lois Peña Novo// Rita Amparo López Jean//Víctor Casas//María Miramontes//Elvira Bao Maceiras.

DESCARGA

AS IMAXES E O PENSAMENTO DAS IRMANDADES DA FALA EN POSTAIS
Un depregable de imaxes e textos da xente das Irmandades da Fala, desde a bandeira da IdaF de Betanzos -a única que se conserva- até textos de Antón Vilar Ponte ou Víctor Casas. Mais non queriamos que ese percorrido quedara na pasado e por iso a última imaxe é de Pepe Galán, dunha peza da súa exposición de “Onte para mañá”, e o último texto é de Mª Xosé Silvar, SES, “E aínda seguimos aquí a aturar tempestades de sal…”

DESCARGA

ROTEIRO DAS IRMANDADES DA FALA
Roteiro pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas das Irmandades da Fala.

Sete espazos para resumir a pegada das Irmandades:

  1. Comezamos na rúa Álvaro Cebreiro, figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, e autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’.
  2. Imos logo á rúa Real nº 36, onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal na editorial Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré).
  3. Paramos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades.
  4. Achegaremos logo á rúa San Agostiño, onde morre Murguía.
  5. Casa do Concello para lembrar a Lois Peña Novo. Con el o nacionalismo e a lingua galega chegaba, en 1920, a un salón de plenos.
  6. Tamén na praza de María Pita, as Escolas do Insiño Galego. Era o 8 de xullo de 1923 cando a Irmandade da Fala da Coruña decide crear as Escolas de ensiño Galego.
  7. Para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia, onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da Fala.

DESCARGA

CALENDARIO 2017
Dedicada, neste 2017 a portada a Maruxa Mallo, elaboramos un calendario mensual para lembrar acontecementos fundamentais da nosa historia.

DESCARGA

HIMNO GALEGO
UNHA LETRA E UNHA MELODÍA QUE NOS IDENTIFICAN ENTRE OS POBOS DA TERRA.

O 8 de marzo de 1917 finaba na Coruña Eduardo Pondal. Entre as actividades de homenaxe realizadas está a elaboración dun himno “de peto” que recuperase a letra que o poeta escribira a petición de Pascual Veiga. Cremos que xa é moito hora de devolver o himno á súa textualidade pondaliana orixinal.

DESCARGA

2017, ANO DE MARUXA MALLO
A Real Academia Galega de Belas Artes escolleu a efeméride 1 de abril para homenaxear @s artistas galeg@s en memoria dese día do ano 1188, data en que foron asentados os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo.

O 2015 foi dedicado ao Mestre Mateo; 2016 dedicado a Castelao e este 2017 dedicouse a Maruxa Mallo. Desde a A. C. Alexandre Bóveda quixemos render homenaxe a esta muller galega, artista, feminista, transgresora, vangardista, inconformista e xenial pintora, e entre as actividades realizadas está este tríptico.

DESCARGA