O dolmen de Axeitos, anta de Axeitos ou pedra do mouro é unha construción megalítica prehistórica situada na parroquia de Oleiros, municipio de Riveira, parte da península de Barbanza na ría de Arousa.
O dolmen é o resto dunha tumba de corredor con cámara, co devandito corredor orientado o leste, data de época neolítica, entre o 4000 e o 3600 a. C.. A construción ocupa a parte superior dun montículo, e posiblemente estivo cuberta formando un túmulo cuberto por pedras.
A cámara está formada por oito ortostatos cubertos por unha única laxa de pedra, conseguindo unha altura, na actualidade duns dous metros. Os restos do corredor limítanse a tres pedras.
Este tipo de construcións eran enterramentos, a maior parte das veces colectivos e, probablemente, de persoas distinguidas. O enterramento adoitaba ir acompañado dun enxoval funerario.