Esas Caveiras que foron vivas,
e vestidas de carnes espidas
Cabelos negros na noite escura,
Ollos presos das belezas mortais,
Ollos que abriron paixóns feridas,
Un caravel murcho na boca seca, fría
Un sentimento roto en cada costura de óso firme,
Entre os dentes un oco de silencio
e dentro os mil baleiros,
E as vidas esfumadas
entre mil ilusións murchas.
