CAMPO DA RATA:
O lugar está situado perto da Torre de Hércules a carón do mar.
Este lugar foi utilizado polos sublevados en 1936 para fusilar aos presos republicanos, sindicalistas e leais ao goberno constitucional da República.
MENHIRES (DA PAZ):
Inaugurado en 2003.
Escultor: Manolo Paz.
Obra composta por 12 menhires de granito con ocos que permiten ver o mar a través deles. Dous deles son de maior tamaño e representarían aos país mentres que o resto simbolizarían aos fillos.
MONUMENTO AOS FUSILADOS NA REPÚBLICA:
Inaugurado en 2001.
Diseño: Issac Díaz Pardo.
A obra recorda un crómlech megalítico, realizada en granito, con manchas de pintura vermella en recordó dos fusilados en 1936.
Campo da Rata
Paseo dos Menhires, 15002 A Coruña
https://goo.gl/maps/vRh98kfTpbn
Coordenadas: 43,3844008, -8,3937914
Mª Cruz F.
O ESQUECEMENTO
O esquecemento é unha morte certeira,
un pesadelo que nos persegue en todo momento,
coma unha lousa enorme que tapa o día
e o ollar, e a esperanza,
e cobre todo cunha noite escura,
O esquecemento é coma un cemiterio pechado
de muros esburatados polas balas criminais.
m g