A Capirota Marín
Carme Domínguez Pesqueira, Coñecida por A Capirota, nai solteira de 29anos, que se enfrontou a un grupo de falanxistas cando estaban a bater a un home na rúa, en agosto de 36.
Esa noite secuestrárona e levárona ao Pozo da Revolta, no lugar de Bagui, na parroquia de Mogor, onde foi violada, torturada, golpeada e baleada, alí a recorda un monumento.
No rexistro civil de Bueu certificaron a súa morte, como causa puxeron: “Ferida no corazón”.
O paso do tempo converteuse a frase en metáfora poética do rescoldo do franquismo en Galiza.
O pobo de Marín púxolle o seu nome a unha praza, Praza da Capirota, no centro da vila, onde tamén se erixiu unha placa para o seu recordo.
Praza da Capirota
Rúa Da Roda, 23, 36900 Marín, Pontevedra.
Coordenadas
42.392101, -8.70094
http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.392101,-8.70094
Pozo da Revolta
Rua Baguin, 23, 36911, Pontevedra, España
42.378264, -8.724823
http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.378264,-8.724823
Carme, A Capirota,
tocouche vivir nun tempo de tronos,
fartácheste de traballar
e por mais que lavaches e lavaches
para señoritos insatisfeitos,
non te libraches da súa brutalidade,
a túa condición de muller solidaria
levoute a sufrir a súa atrocidade.
O pozo da Revolta recolleu o teu corpo
despois do horror,
e neste lugar
floreceron mil rosas vermellas,
mil paxaros anunciaron a túa valentía,
e toda a ría foi testemuña
da dor e do valor dunha muller.
Manolo Graña