Un monólito levantado no alto da Cruz dá Maceira, situado na carreteira de Pontevedra a Moaña, practicamente equidistante dos cascos urbanos dos cinco concellos da comarca do Morrazo, homenaxea ás persoas que foron fusiladas, neste lugar, pola ditadura franquista durante o ano 1936, por ser republicanos ou simplemente sospeitosos de non aceptar as imposicións do réxime militar do franquista.
O monumento consiste nunha pedra levantada sobre unha sólida base, no lugar onde se realizaban as execucións e que conten un poema de Celso Emilio Ferreiro:
“Pode o corpo ser vencido
pode o dereito ser torto
mais o lume que alampea
máis o lume que alampea
xamais o veredes morto”.
A Cruz da maceira, nos limites de Marín con Moaña
42.332068, -8.716708
PO-313, Moaña, Pontevedra, España
http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.332068,-8.716708
Mapa Coordenadas: https://goo.gl/za7XD6
O acordo e a vivencia presente
fai que non sexamos
tristes mortos viventes.
Xa sabemos que non hai canto
que poida calar
ao silencio enterrado en mil cunetas.
Manolo Graña